viernes, 1 de abril de 2016

Recursos gratuítos na Rede

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

 Banco de Imaxes e Sons. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud. AQUÍ tendes a segunda edición máis actual.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta.

DAFONT. Unha biblioteca de tipos de letra moi boa, organizada por temas
Más índices:
También puedes probar en:

Yotophoto Free photos search engine

martes, 29 de marzo de 2016

PracTICa 11: Desenho dunha tatuaxe dixital

Para esta práctica usaremos o Gimp e o Inkscape.

1ª Parte- Deseñar a tatuaxe

Primeiro deseñaremos unha tatuaxe imaxinaria co Inkscape, pensando en que parte do corpo iría, que tamaño terá, cor, e todo iso.

Unha vez feito o deseño, exportaremos coa transparencia a tatuaxe en formato PNG.

Exemplo de tatuaxe dunha salamandra, que simboliza o lume na tradición


2ª Parte- Tatuar dixitalmente

Tras isto, editaremos unha foto nosa co GIMP modificando a xeometría da tatuaxe para que pareza real mediante as ferramentas Mover, Rotación, Inclinación, Redimensionar (Escalado) e Perspectiva, e os filtros do menú distorsiones.

Unha vez que temos a tatuaxe no sitio desexado, cambiaremos o modo de fusión da capa a multiplicar,   ennegrecer, dividir,... segundo o efecto buscado.

espalda onde iría a tatuaxe

Tatuaxe colocada

Máis tatuaxes

martes, 8 de marzo de 2016

PrácTICas 9 e 10: Debuxos vectoriais

Nestas dúas prácTICas usaremos o Inkscape para trazar uns debuxos sinxelos.
Na prácTICa 09 faremos uso únicamente de círculos, elipses e as posibles combinacións que haxan, suma, resta, intersección, etc,...
Para a prácTICa 10 teredes que copiar un debuxo sinxelo de tintas planas, utilizando as ferramentas de debuxo e edición de nodos.

viernes, 4 de marzo de 2016

Manual de Inkscape

Os adjunto el enlace a una manual de Inkscape hecho por un compañero profesor, que va recorriendo todas las funcionalidades del programa con la excusa del diseño de logotipos.

BÁJALO DE AQUÍ

martes, 12 de enero de 2016

Google Fight!

Google Fight é unha aplicación moi divertida que compara dúas palabras para ver cal aparece máis veces listada no buscador.



PrácTICa 08: Webs con WIX


WIX é unha ferramenta que vos permitirá facer páxinas web aproveitando plantiñas predeseñadas que xa trae, un pouco como fixemos con Blogger e o blog, pero máis completa.

Podemos facer os nosos deseños en FLASH ou HTML5, que é a incorporación máis recente.

Un exemplo de páxina feita en Wix pode ser a da asociación animalista Vox Anima.

O traballo consistirá en crear unha páxina web sobre un contido académico, ou crear unha empresa ou negocio imaxinario, defender unha causa, publicitar un evento,etc...

viernes, 8 de enero de 2016

O Xogo da Semana: Sugar Sugar

http://www.physicsgames.net/game/Sugar_Sugar_The_Christmas_Special.html
EDICIÓN ESPECIAL NADAL

Sugar Sugar foi a sensación entre todos os xogos de físicas que foron disfrutados durante estos anos de TIC.
A idea é sinxela, da coma de Sugar Sugar caerá azucar, que teremos que guiar cos nosos debuxos ata o recipiente da cor adecuada. As liñas non poden borrarse, así que tende coidado.