viernes, 20 de noviembre de 2015

ARTISTS UPSTAIRS


Este Sábado 28 de Noviembre a las 17:30 horas, en el Metro Leñaverde del Centro Social de Boiro.

Entrada Gratuíta.

Artists Upstairs es una iniciativa artística nacida de una experiencia asociacionista, con vocación de independencia y de perpetuación en el tiempo, en el seno de la plataforma creativa barbanzana CREATURAS.

Encuadrada dentro de una serie de actividades creativas denominadas "Creaturas Showroom", los artistas bajando las escaleras buscan definir su espacio e identidad y convergir en un punto de encuentro donde compartir experiencias, recursos y difusión, así como la creación y sus motores.

Organizan:
Loli Regueira (Arte Barbanza)
María Magán (La Doce)
Pascual Vidal (IES Praia Barraña)

Edición: Pascual Vidal
Música: "Happy and Joyful" de Kris B Harmony

martes, 17 de noviembre de 2015

PrácTICa 07: Gimp, Efecto Maqueta (Tilt&Shift), Cartel "Búscase" e Retrato con Fondo Clonado.

Os obxectivos fotográficos chamados Tilt and Shift son obxetivos descentrables moi utilizados para fotografía de edificios. A súa particularidade é que poden desprazarse respecto ao plano focal da cámara, facendo que parte da escena se enfoque oblícuamente. O caso é que se descubriu que ditas fotos, feitas de determinada maneira, parecían maquetas de xoquete.

Para simular o efecto de "fotografía de maqueta" no Gimp, usaremos unha foto feita dende unha posición elevada (picado).
Superpoeremos outra foto igual, a desenfocaremos, e mediante máscaras de capa usando o degradado bilineal, simularemos a perda de profundidade de campo.
Logo retocaremos a man a máscara de capa.
Finalmente subiremos a saturación.

 Tendes que subir unha ou varias fotos feitas simulando o uso dunha lente descentrable (tilt and shift) mediante o programa Gimp, e tamén outra/s foto/s procesada/s a través do simulador que nos ofrece a páxina tiltshiftmaker .




Tamén subiremos a foto dun retrato de persoa simulando un cartel dos vellos "Búscase" (Wanted) usando diferentes modos de fusión de capas coa imaxe e o texto. Como no exemplo:

Por último, colleremos un retrato fotográfico e duplicando a imaxe, escalamos e desenfocamos o fondo, integrando as dúas capas cunha máscara, de xeito que quede similar á foto do exemplo.


martes, 3 de noviembre de 2015

O Xogo da Semana: Castle Destroyer

Unha nova semana máis imos dispoñer dun tempo de ocio para agudizar as neuronas, que falta nos fai.
Neste caso, trátase dun xogo dos que se chaman de "deconstrucción", no que trazaremos co cursor unha línea que pode cortar os bloques presentes en cada nivel, de xeito que consigamos que a construcción se derrumbe por debaixo da líña horizontal marcada.

Dependendo do nivel poderemos utilizar un corte ou máis.

A ver quen e quen de completalo ¡Eu xa o fixen!

Veña, a darlle ó Castle Destroyer


PracTICa 6: GIMP. Desaturado selectivo. Coloreado de fotos antiguas.

Desaturar é eliminar a información cromática, é decir, a información da cor. Usaremos o GIMP para facer unha desaturación selectiva e logo empregaremos máscaras de capa para destacar mediante a cor un elemento.
Iso chámase desaturación selectiva, e é un recurso ideal para salientar ou contrastar ó suxeito principal da fotografía.
Teredes que facer unha foto dun taxi de New York e unha foto máis de temática libre a escoller por vós, como pode ser unha flor, unha peza de froita, etc... Podedes subir todas as fotos que queirades.

O proceso é sinxelo.
 Duplicamos a capa, a capa superior a desaturamos  Colores->Desaturar.
Cunha máscara de capa de cor branco pintamos co pincel negro a zona que queiramos deixar en cor. Se nos equivocamos podemos retocar a máscara co pincel blanco.




NOTA: Para pasar unha imaxe a branco e negro (desaturar) hai varias formas. Explicarei catro, aínda que as ideais son as dúas primeiras

1. Menú Colores - Desaturar. Escollemos entre as tres opcións a que máis nos guste (Claridad, Luminosidad ou Promedio)
2. Menú Colores - Tono y Saturación. O deslizador Saturación cara a esquerda vai diminuíndo a cor. Podemos escoller si aplicar o efecto a toda a imaxe ou a unha cor primaria.
3. Menú Imagen - Modo - Escala de grises. A imaxe perde a información de cor. Para poder usar cores unha vez transformada a imaxe, teremos que ir a Menú Imagen - Modo- RGB.
4. Sobre unha imaxe coloreada poño unha capa branca en modo de fusión Saturación.

_____________________________________________________


INSPIRACIÓN: Fotografías coloreadas.
Escolle unha fotografía clásica en branco e negro e coloréala usando o modo de fusión multiplicar pintando nunha capa transparente colocada sobre a foto orixinal.




Atoparás máis exemplos AQUÍ

E para escoller unha foto, escolle unha das que aparecen AQUÍ



martes, 27 de octubre de 2015

Concursos do Samaín

Chega o Samaín, e a vosa Biblioteca de Centro ten o pracer de convocar o IV Concurso de Relatos, Fotos e Cabazas de Medo!

O Samaín é unha festividade pagana relacionada co Equinocio de Outono, unha data que case todas as culturas ancestrais relacionan cun momento de tránsito co alén, cando as ánimas dos defuntos poden atoparse e relacionarse cas dos vivos.

O profesor Rafael López Loureiro é o principal defensor da tese da galeguidade do samaín. Para el, o costume sobreviviu en Galicia ata épocas relativamente recentes (polo menos ata hai uns 30 anos) en que esmoreceu para converterse, unicamente, nunha celebración do día de Defuntos.

Para celebrar esta costume dos nosos antergos, a Biblioteca preséntavos tres concursos nos que dar renda solta á vosa creatividade.

Os traballos enviaranse ben identificados ao mail da biblioteca: boiroteca@gmail.com antes do 29 de outubro. As bases particulares de cada concurso podedes velas na súa foto correspondente.

Animádevos a participar! Haberá premios escalofriantes!!



viernes, 16 de octubre de 2015

PracTICa 05: Zombificación!

Neste videotutorial amoso como facer unha transformación cunha foto e convertila nun zombie. 



Podedes coller os arquivos da práctica aquí.

martes, 13 de octubre de 2015

PracTICa 04: Presentación con Google Drive (antiguo Google Docs)

Na seguinte práctica teremos que crear unha presentación online e incrustala no Blog.

A presentación terá que tratar sobre un tema que estudases nunha clase, deste ano ou doutro.
Para iso, teredes que escoller un tema, facer un resumo, pensar a maneira de dividilo en diapositivas e buscar ou xerar os gráficos necesarios.

O número mínimo de diapositivas será cinco, incluíndo a carátula. Na diapositiva final poredes a bibliografía ou cibergrafía utilizada para facer o traballo, os créditos e os agradecementos. Iso vos deixa cinco diapositivas mínimas para por os contidos.

Os contidos teñen que ser imaxes e textos, debendo existir un equilibrio entre ambos.

Os textos deberán ser redactados por vós, en galego ou castelán, pero non facendo copiar e pegar da rede, pois iso suporá a anulación do traballo.

As imaxes deberedes citar de onde as sacades e poñelo na cibergrafía.

Os contidos serán maduros e ben formulados, sodes estudiantes da última etapa de secundaria e xa tendes un nivel, que se vexa.

Falando de presentacións online, non podemos deixar de lado o máis popular servicio para compartir este tipo de contidos, a plataforma SlideShare, onde atoparedes unha boa morea de presentacións en múltiples idiomas e sobre todo tipo de contidos, educativos tamén.

http://es.slideshare.net/