Chega o Samaín, e a vosa Biblioteca de Centro ten o pracer de convocar o IV Concurso de Relatos, Fotos e Cabazas de Medo!
O Samaín é
unha festividade pagana relacionada co Equinocio de Outono, unha data
que case todas as culturas ancestrais relacionan cun momento de tránsito
co alén, cando as ánimas dos defuntos poden atoparse e relacionarse cas
dos vivos.
O profesor Rafael López Loureiro
é o principal defensor da tese da galeguidade do samaín. Para el, o
costume sobreviviu en Galicia ata épocas relativamente recentes (polo
menos ata hai uns 30 anos) en que esmoreceu para converterse,
unicamente, nunha celebración do día de Defuntos.
Para celebrar esta costume dos nosos antergos, a Biblioteca preséntavos
tres concursos nos que dar renda solta á vosa creatividade.
Os traballos enviaranse ben identificados ao mail da biblioteca:
boiroteca@gmail.com antes do 29 de outubro. As bases particulares de
cada concurso podedes velas na súa foto correspondente.
Animádevos a participar! Haberá premios escalofriantes!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario