Iso chámase desaturación selectiva, e é un recurso ideal para salientar ou contrastar ó suxeito principal da fotografía.
Teredes que facer unha foto dun taxi de New York e unha foto máis de temática libre a escoller por vós, como pode ser unha flor, unha peza de froita, etc... Podedes subir todas as fotos que queirades.
O proceso é sinxelo.
Duplicamos a capa, a capa superior a desaturamos Colores->Desaturar.
Cunha máscara de capa de cor branco pintamos co pincel negro a zona que queiramos deixar en cor. Se nos equivocamos podemos retocar a máscara co pincel blanco.
NOTA: Para pasar unha imaxe a branco e negro (desaturar) hai varias formas. Explicarei catro, aínda que as ideais son as dúas primeiras
1. Menú Colores - Desaturar. Escollemos entre as tres opcións a que máis nos guste (Claridad, Luminosidad ou Promedio)
2. Menú Colores - Tono y Saturación. O deslizador Saturación cara a esquerda vai diminuíndo a cor. Podemos escoller si aplicar o efecto a toda a imaxe ou a unha cor primaria.
3. Menú Imagen - Modo - Escala de grises. A imaxe perde a información de cor. Para poder usar cores unha vez transformada a imaxe, teremos que ir a Menú Imagen - Modo- RGB.
4. Sobre unha imaxe coloreada poño unha capa branca en modo de fusión Saturación.
_____________________________________________________
INSPIRACIÓN: Fotografías coloreadas.
Escolle unha fotografía clásica en branco e negro e coloréala usando o modo de fusión multiplicar pintando nunha capa transparente colocada sobre a foto orixinal.
Atoparás máis exemplos AQUÍ
E para escoller unha foto, escolle unha das que aparecen AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario