viernes, 29 de abril de 2016

PracTICa 12: Mural Pop Art co Inkscape e co Gimp.

O Pop Art foi un movemento artístico xurdido en torno á cultura popular e de consumo nos tolos anos 50 no Reino Unido, aínda que alcanzou o seu esplendor en torno aos anos 60 na cidade de Nova Iorque.
 Neste segundo período americano destacan artistas como Roy Lichtenstein, que recupera a estética e onomatopeias da banda deseñada, e o famoso Andy Warhol, e os séus retratos de iconos populares.

Imos a recrear a estética dos retratos Pop de Warhol usando primeiro o Inkscape e logo o Gimp.

Primeiro escolleremos unha foto o retrato para facer o mural pop, preferentemente un rostro sobre un fondo simple monocromo.

Por ejemplo a Charles Chaplin, o famoso cómico e actor.



INKSCAPE:

O método consiste en vectorizar o mapa de bits (a foto), usando a función que Inkscape trae no menú Traxecto, que se pode chamar pulsando Maiúsculas+Alt+B. Lembra que tes que ter seleccionada a foto que queres vectorizar.


Escollemos a opción Pasadas múltiples- Cores. Escollendo entre 4 e 8 cores, cada cal vai a ser unha cor plana.
Desactivamos apilar capas e eliminar fondo. Previsualizamos e lle damos a aceptar.


Unha vez pulsado aceptar, o programa presentará unha serie de vectores iguais ao número de cores seleccionadas, agrupados nun conxunto que poderemos abrir, e daquela cambiar cada un deles independientemente da maneira habitual.

 Para rematar, copiamos o conxunto varias veces, traballamos a cor de maneira diferente en cada un, e os ordenamos de forma similar aos cadros de Warhol. E listo!



GIMP:

Podemos chegar a un efecto similar empregando un editor de mapas de bits, como Gimp.

Primeiro abrimos a imaxe no programa e imos a conseguir separar as cores planas a través do comando Umbral, do menú Cores. Imos a ver os pasos.

Duplicamos a capa e engadimos a canle alpha para transparencias.



















Imos

No hay comentarios:

Publicar un comentario