O Ciberactivismo, ou activismo online ou en liña, refírese ao conxunto de técnicas e procedementos relacionados coa tecnoloxía da comunicación a través dos cales se realizan determinados actos, xeralmente colaborativos, para promover unha causa social ou un evento concreto. Iso de xeito ben resumido.
Nestes tempos dixitais, a solidaridade atopou unha vía para organizar e colaborar en masa na distancia. adoitamos estudiar os cambios sociais que se deron no pasado, a abolición da escravitude, a libertade de credo, a caída da aristocracia (nos países civilizados), a emancipación da muller ou o sufraxio e sanidade universais,...
Pois estamos vivindo tempos de comunicación e altruísmo enfrontados a aillamento social e capitalismo e crecemento desmedido, onde hai xente que fai o mellor e a que pretende hundirnos ou explotarnos, e que outros estudiarán no futuro, de cambios sociais e revolucións silenciosas. Sé parte do cambio!
Páxinas como Aavazt ou Change promoven a creación e difusión de eventos sociais que buscan crear impacto sobre determinadas causas sociais.
Para o traballo de hoxe pido varias cousas:
- Escribe unha redacción sobre a túa experiencia co ciberactivismo, de habela, e unha reflexión sobre o que te parece, pros e contras, etc...
- Atopa e difunde un evento, causa, etc... en concreto que vexas que te preocupa entre os teus contactos nas redes sociais. Se hai algún problema social ou ético que te preocupa e a nadie máis parece importarlle, comeza a cadea de difusión desa realidade. Imos a facer un pouco de ciberactivismo!
Publica no Blog a túa experiencia ou/e opinión e comenta o que pasou.
Eu compartirei tamén unha causa social, neste caso da loita polos dereitos dos animais, a través dun evento que chama á colaboración en facebook sobre unhas vacas que foros rescatadas en Boiro.
EVENTO: AXUDA ÁS VACAS DE BOIRO
Un par de vídeos sobre o caso, das vacas xa a medio salvar:
Pola outra banda, vivimos tempos nos que estamos conectados á rede, pero desconectados da xente, din os pesimistas. Adiquemos un ratiño a tentar facer deste mundo un lugar mellor, pero que sexa un mundo real no que podamos vivir, non unha ilusión high-tech de banda ancha.
![]() |
Os perigos do ciberactivismo, o inmovilismo na realidade. |
E tamén un vídeo que pola contra critica o "activismo de sofá", sendo que agora se lle da a "Me Gusta" e un se olvida do tema, en vez de sair á rúa e loitar polos nosos menguantes dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario